Visto para sentenza o xuízo ó Chicle pola presunta violación á súa cuñada

BARBANZA> A Audiencia Provincial da Coruña acolleu a última xornada do xuízo ó Chicle pola presunta violación á súa cuñada hai agora 17 anos.

A defensa pediu a libre absolución argumentando que as acusacións contra José Enrique Abuín Gey están baseadas en especulacións e incongruencias chegando mesmo a cuestionar os informes da Garda Civil posto que no vehículo do acusado non se acharon probas sólidas.

Trala declaración de Abuín Gey, que negou os feitos, o xuízo quedou visto para sentenza. A acusación pide 15 anos de cadea que, de confirmarse, sumaríanse á pena de prisión permanente revisable polo asasinato de Diana Quer e ós cinco anos polo intento de agresión a outra moza en Boiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí