Un grupo de Touroperadores procedentes de Hong Kong visita O Salnés

    SANXENXO> A Mancomunidade de O Salnés acolliu durante a xornada de hoxe, a un grupo de Touroperadores Internacionais do mercado chino procedentes de Hong Kong. 

     

    O grupo desprazouse ata as instalacións do Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade de O Salnés, no porto de Sanxenxo. Alí os alumnos de cociña e sala agasalláronos  cun menú variado no que os produtos do mar tiveron un especial protagonismo. Os visitantes asiáticos desgustaron entre outros pratos Navallas con vinagreta de froitos roxos, ou unha suprema de merluza, como non podía ser de outro xeito, a galega. Unha iniciativa que se inclúe dentro da liña de promoción turística que está a seguir a Mancomunidade de O Salnés. 

    Entre os asistentes a esta comida atopábanse representantes de varios concellos de O Salnés que ven moi positivas este tipo de actividades de cara a promocionar a zona. 

    Despois da comida os touroperadores visitaron Sanxenxo, A Toxa e Combarro. Mañá visitarán a cidade de Pontevedra cunha visita guiada polo centro da cidade para coñecer o seu patrimonio. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/touroperadores_sanxenxo_mancomunidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/touroperadores_sanxenxo_mancomunidade.mp4{/flowplayer}