BOIRO> Dúas novas agresións por parte de furtivos volveron poñer contra as cordas ós vixilantes da confraría de Cabo de Cruz. Séntense indefensos ante a impunidade con que actúan poñendo en risco a súa integridade. A primeira das agresións aconteción a madrugada do domingo para o luns cando un grupo de furtivos atacou cun extintor e pedras a dous gardapescas que os sorprenderon faenando na zona de Praia Xardín. A pasada tarde, a plena luz do día, unha furtiva agrediu cun rastro a un vixilante que tento requisarlle o marisco. Lonxe de diminuír, o furtivismo segue sendo unha constante nas autorizacións da confraría de Cabo de Cruz. Os mariscadores critican a impunidade con que actúan estas persoas posto que nin respectan as ordes de afastamento. Entenden que deberían endurecerse as penas pero sobre todo exercer un maior control sobre a comercialización dese marisco extraído ilegalmente,; non só o de talla comercial senón tamén a cría que hipoteca futuras campañas.
Inicio BARBANZA