O Racing de Santander xogará en Barraña

    BOIRO> O partido da décimo terceira xornada de liga no grupo primeiro da 2ªB adiantado á xornada de mañá sábado arrancará ás catro e media da tarde. Partido especial o que se vivirá mañá en Barraña a partir das catro e media da tarde. Os locais recibirán a un dos conxuntos históricos do fútbol nacional, o Racing de Santander, que leva xa varios anos intentando volver a recuperar o esplendor de antano. Será un partido complicado. Os cántabros, non pasan polo seu mellor momento da tempada. Non coñecen a vitoria nos últimos catro enfrontamentos de liga e no seu último encontro no Sardinero, caían ante o Coruxo por cero goles a un. Actualmente son segundos na clasificación con 27 puntos, once máis que os boirenses. Para esta cita o adestrador local contará ademais con importantes baixas no plantel, ós lesionados Herbert e Juampa, súmanselle nesta xornada BorjaYebra e Jimy. O primeiro debe cumprir ciclo de tarxetas, mentres que o segundo arrastra un partido de sanción, ó ser expulsado no último encontro de liga. A directiva agarda unha boa entrada para este partido. O choque arrancará ás catro e media da tarde. Polo que respecta ó resto de enfrontamentos de equipos galegos cabe destacar o encontro que medirá as forzas do primeiro e o terceiro clasificado, a Cultural Leonesa co Pontevedra. Nesta xornada vivirase tamén o derbi entre o Somozas e o Celta B, mentres que o Coruxo e o racing de Ferrol xogarán contra o Palencia e a Ponferradina, respectivamente.