“Festimaxia Lousame” envolverá de ilusión o mes de decembro

    LOUSAME> “A maxia do Nadal, “”Feitizo”, “Fantasía” e “Divermaxia”, son os tres espectáculos e o obradoiro que conforman a programación que o concello de Lousame organizou para a primeira edición de Festimaxia. O mellor do ilusionismo galego estará no municipio entre o 3 e o 23 de decembro.

     

     

     

     Só a maxia podía facerlles recuperar a ilusión dun neno pequeno. Así foi como viviron hoxe os usuarios do Centro de Día de Lousame, esta mañá, a presentación da primeira edición do Festimaxia. “Festimaxia Lousame” chega para encher de ilusión ós veciños de Lousame, con espectáculos e obradoiros para toda a familia. Cada venres de decembro será a quenda dun mago galego. O día 3 de decembro será Chrystyan Magic o encargado de facer voar a imaxinación, co seu espectáculo “A maxia do Nadal”. Á semana seguinte, ó día dez de decembro, Martín Camiña sorprenderá co espectáculo “Feitizo”. Pechará o Festimaxia a actuación de Fanny Triana con “Fantasía”, o sábado 17, e o venres 23 o Mago Richard conducirá o obradoiro “Divermaxia”, unha escola de maxia para nenos e nenas de Lousame. Tanto os espectáculos como o obradoiro de maxia son gratuítos, e terán lugar na Casa da Cultura de Lousame, ás sete e ás sete e media da tarde.