A mobilidade intermunicipal chega aos orzamentos

Pontevedra> O voceiro do goberno local en Pontevedra anunciou esta mañá que ao orzamento do concello sumarase unha nova iniciativa a petición dos veciños e partidos políticos da cidade. Esta proposta consistirá na implantación dun modelo de transporte intermunicipal, unha especia de transporte a demanda, que fará máis doado os traslados dos veciños na cidade do Lérez. 

 

Ao longo desta semana dende o concello de Pontevedra pecharán todos os números e contas dos orzamentos para o vindeiro ano. Logo terán que levar a cabo os diferentes procedementos para a súa aprobación, e dende o Goberno agardan que na primeira quincena de decembro vaian a pleno. 

De entre todas as propostas Raimundo xa anunciou que van a incluír no orzamento unha demandada polas federacións de veciños e os partidos políticos, trátase da implantación do transporte intermunicipal, unha especial de taxi colectivo para axudar aos traslados dos veciños na cidade do Lérez. 

Trátase dunha iniciativa que será orzamentada para o seu estudo e analizar detidamente esta proposta para poder executala da maneira máis sinxela e económica posible. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/orzamentos_raimundo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/orzamentos_raimundo.mp4{/flowplayer}