Satisfacción por parte dos profesionais que participaron na primeira edición da Feira Etiqueta Negra

Pontevedra> A primeira edición da Feira Etiqueta Negra pechou esta tarde as súas portas no recinto Feiral de Pontevedra. Máis de 50 establecementos da nosa comunidade estiveron presentes nesta cita onde puidemos atopar o mellor produto gourmet da nosa gastronomía. Os profesionais que alí estiveron ao longo destes días dixeron que estaban moi satisfeitos coa acollida deste evento e que agardan que podan repetir experiencia o vindeiro ano. 

 

Marmeladas, cervexas artesanais, queixos, viños… o mellor produto da nosa gastronomía estivo presente ao longo destes días na primeira edición da Feira Etiqueta Negra… 

Unha cita moi ben valorada polos profesionais que estiveron presentes ao longo destes días neste evento no Recinto Feiral de Pontevedra. 

Unha experiencia sen dúbida para repetir 

O mellor produto gourmet galego deuse cita dende o sábado ata esta tarde nesta Feira de Etiqueta Negra que hoxe pechou as portas da súa primeira edición. 

Profesionais do sector e alumnos de diferentes especialidades vencelladas co mundo da alimentación e hostalería estiveron presentes esta mañá neste showcooking realizado polo Obradoiro de Emprego Hostalería do Salnés 8. Unha cita onde os asistentes puideron degustar diferentes produtos da nosa gastronomía. 

Unha experiencia moi ben valorada por todos os que alí estaban.

Boa experiencia para os asistentes e tamén para os profesionais que tiveron que realizar este Showcooking dende o obradoiro de Emprego. 

E de todos os pratos e da experiencia da que puideron desfrutar os asistentes teñan claro que eles xa tiñan hoxe o seu momento  ou prato preferido. 

Unha experiencia única para todos os que alí estaban que ao igual que as empresas que estiveron presentes nesta primeira edición de Etiqueta Negra agardan que o vindeiro ano podan repetir nesta feira do gourmet galego. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/etiqueta_negra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/etiqueta_negra.mp4{/flowplayer}