Óscar Rial aspira a liderar o cambio que Rianxo necesita

RIANXO> Esforzo, traballo e dedicación. Son algunhas das señas que mellor identifican a Óscar Rial. Quen o coñece, sábeo.

Onte presentaba a súa candidatura polo Partido Socialista á alcaldía de Rianxo. Fíxoo nun multitudiario acto que tiña lugar no auditorio municipal, no que non faltou ninguén: familiares, amigos, simpatizantes e militantes do partido, entre os que se atopaban tamén algún que outro histórico do socialismo en Rianxo, como é o caso dos exalcaldes  Xosé Bravo Frieiro e Pedro Piñeiro.

Na súa intervención insistiu na necesidade dun cambio para o municipio, algo que agarda poder acadar da súa man e do seu equipo, o mellor preparado, segundo el, para facelo.

No acto recoñeceuse tamén a figura da actual portavoz municipal, Mari Carmen Figueira, a persoa que liderou a formación estes últimos anos, que agora dá un paso ó lado, para a renovación do partido, e á que todos agredeceron o esforzo e traballo…

Arroupando ó candidato, no acto tamén participou o secretario dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, quen recoñeceu a valía de Óscar Rial, ó que chegou a cualificar como o mellor patrón para guiar a Rianxo nos retos futuros que se lle presentan.

Tamén participaron no acto o secretario xeral dos socialistas na Coruña, Bernardo Fernández, e o secretario de Economía e Transformación Dixital do PSOE, Pedro Casares Hontañón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí