Descende o número de accidentes de tráfico na provincia

PONTEVEDRA> A subdelegada do Goberno presentou esta mañá os datos relacionados coa sinistralidade nas estradas da provincia durante o 2019. No ano pasado rexistrouse unha mellora no número de accidentes de tráfico. Iso si, as cifras de vítimas mortais mantivéronse iguais que no 2018.

O 2019 deixou nas provincia de Pontevedra 24 vítimas mortais por accidentes de tráfico. A mesma cifra que a rexistrada no 2018. Este dato supón unha redución do 50% no número de falecidos na última década.

O dato máis positivo acadado no 2019 foi a redución no número de accidentes de tráfico. Conseguindo rexistrar ata un 11% menos que no ano anterior. En canto ao tipo de vías nos que se produciron, destacan sobre todo as interurbanas. Por idades, o dato máis significativo é o incremento no número de falecidos entre os 15 e 24 anos.

As distraccións ao volante e o exceso de velocidade seguen e a ser as principais causas dos accidentes mortais. Por iso, dende a Subdelegación continúan insistindo na importancia de respectar as normas de tráfico.

A subdelegada do Goberno presentou tamén hoxe os datos acadados no 2019 nos distintos controis de drogas e alcol. Nas máis de 4.600 probas de control preventivo de drogas realizadas, rexistrouse un 41% de positivos. Nas de alcol, o dato foi de 1,7%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí