Pontevedra valora a Alameda para acoller a feira tras descartar Arcebispo Malvar por falta de espazo

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra continúa buscando unha nova ubicación para a feira ambulante. Un informe dos técnicos municipais levou finalmente a descartar a rúa Arcebispo Malvar como alternativa a Rafael Areses por falta de espazos. Agora, segundo explica a concelleira de Promoción Económica, a Alameda perfílase como localización máis probable. Faltan un informe da Policía Local e da concellería de Desenvolvemento Sostible para decidir se finalmente este será o lugar que ocupen os postos.

Finalmente, os veciños de Pontevedra non verán os postos de venda ambulante na rúa Arcebispo Malvar. Un informe dos técnicos municipais desbota esta ubicación como a mellor opción para a nova localización da feira.

Segundo Blanco, as miradas están agora postas na Alameda. Aínda que o chan de terra podería ser un punto de desencontro cos vendedores. Tamén está pendente un informe da Policía Local.

Está descartada a avenida Montero Ríos, onde podería haber problemas polo peso dos postos sobre o aparcadoiro. Por iso só se están a plantexar a Alameda.

O que parece claro é que o traslado non se poderá dar esta fin de semana, tal e como estaba previsto inicialmente.

No caso de que a Policía Local desaconselle a instalación da feira na Alameda, a concelleira de Promoción Económica adiantou que se buscaría outra ubicación. A súa intención é que o traslado sexa permanente, despedíndose a venda ambulante da rúa Rafael Areses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí