Sobran os motivos para saír a rúa o 8M

PONTEVEDRA > A asemblea de colectivos feministas Galegas 8M en Pontevedra anunciou esta mañá as actividades que se realizarán con motivo da folga de mulleres do 8 de marzo. Ademais, en rolda de prensa, tamén pediron a participación de todas as pontevedresas na Manifestación nacional que se celebrará en Lugo o día 3.

“Cada día sobran máis motivos en toda España para saír a rúa”, así destacaba esta mañá a asemblea de colectivos feministas Galegas 8M a importancia de que o próximo 8 de marzo todas as mulleres acudan a folga de coidados, laboral, de consumo e estudiantil, para seguir loitando polos dereitos de todas.

O 8 de marzo haberá unha concentración ás 13.00 horas na Praza da Ferraría, e as 20.00 horas está convocada unha manifestación que sairá da praza do hospital e rematará na alameda de Pontevedra.

Os colectivos feministas de Pontevedra ofrecen tamén a posibilidade de asistir á manifestación nacional que se celebrará en Lugo o domingo, 3 de marzo, en autobús. O prezo dos bonos de transporte é de oito euros e están dispoñibles nas librarías Paz e Metáfora. Unha xornada na que estará moi presente os últimos feitos acontecidos na política española.

O feminismo está nun momento histórico, e xustamente por iso, “por todas as mulleres e por todos os dereitos” é fundamental non dar nin un paso atrás e acudir á revolta feminista do próximo 8 de marzo.