Unha das veciñas de Barro afectada polas ordes de desafiuzamento deberá pagar 14 mil euros á Sareb

BARRO> Unha das veciñas de Barro afectada polas ordes de desafiuzamento deberá pagar 14 mil euros á Sareb. Esa son as costas que lle impón o xulgado de Caldas tralo xuízo. A veciña denuncia que a sentenza ten numerosos fallos e que continuará reclamando. Advirte que se volve a perder quedará sen negocio e cunha sancións que a deixarán en situación de vulnerabilidade.

A situación dos veciños de Barro afectados polas ordes de desafiuzamento lonxe de ir a mellor continúan empeorando. A única sentenza xulgada, a da alugada no baixo comercial, fallou a favor da Sareb, obrigándoa a pagar as costas. Un gasto que ascende ata os 14 mil euros.

A cantidade destas costas é calculada segundo o valor dos inmobles.

A veciña refírese a que a sentenza a sinala como alugada no baixo comercial e nunha das vivendas, un argumento que non é certo, xa que a veciña só está alugada no baixo. A afectada denuncia varias irregularidades na sentenza.

A única opción que ten a veciña agora é alegar a audiencia provincial. De volver a perder, o gasto de costas ascendería a 22 mil euros. A afectada sinala que pode quedar sen negocio e en situación de vulnerabilidade.

O resto dos veciños están pendentes dos seus xuízos pero denuncia que a situación é inxusta e que se senten indefensos.

Os veciños afectados lamentan que a sentenza chegue xusto no momento no que están negociando coa Sareb, e temen que o banco aproveite a situación. Aínda así continuarán coa súa loita e mobilizacións, a semana que ven desprazaranse a Madrid.