Víctor Loira afronta un novo reto para dar visibilidade ás Enfermidades Inflamatorias Intestinais

PONTEVEDRA> Novo reto de Víctor Loira. O deportista e vicepresidente da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais participará no Ultra Tríatlon Terra Astur. Unha proba de tríatlon de longa distancia en Asturias de 504 quilómetros. O evento levarase a cabo os días 10, 11 e 12 de setembro.

504 quilómetros en tres días. Ese é o novo reto de Víctor Loira. O deportista pontevedrés participará este ano no Ultra Tríatlon Terra Astur cun único obxectivo: seguir dando visibilidade ás Enfermidades Inflamatorias Intestinais.

A proba de Ultradistancia contará con tres etapas. Na primeira, Víctor enfrontarase a 10 km de natación e outros 140 km de ciclismo. A segunda fase será de 270 km de ciclismo e a terceira de 84,4 km de carreira.

E aínda que a carreira é unha das etapas máis complicadas para este deportista pola súa enfermidade de Crohn, Víctor contará nesta ocasión cunha compañía moi especial.

O obxectivo de Víctor non é outro que seguir dando a coñecer patoloxías que son invisibles pola sociedade. Enfermidades que moitas veces son un reto moito máis complicado que esta proba de Ultradistancia.

O Ultra Tríatlon contará con tan só 15 participantes e levarase a cabo os días 10, 11 e 12 de setembro en Asturias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí