SANXENXO> Avanzan a bo ritmo as obras de humanización na zona do Revel, en Sanxenxo. O proxecto da Deputación e o concello actuará en máis de 73 mil metros cadrados. A zona de equipamentos contará agora con beirarrúas mellores e máis amplas así como con grandes espazos verdes.
O concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra levan a cabo de forma conxunta un proxecto de humanización da zona do Revel, en Vilalonga. O proxecto actuará na zona de equipamentos máis grandes da vila e nun espazo de 73 mil metros cadrados.
O proxecto mellora as estradas, amplía as beirarrúas e creará espazos verdes para o goce das persoas.
O proxecto ten un custo de 1,3 millóns de euros cunha financiación conxunta: 900 mil euros a deputación e 4000 mil o concello. Carmela Silva tamén cualificou a intervención como un exemplo das obras que se levan a cabo nos concellos de Pontevedra.
O alcalde mostrou a súa satisfacción por responder a unha demanda dos veciños de Vilalonga. A previsión é que as obras finalicen no mes de novembro.