Os vendedores do mercando ambulante de Cambados reclaman ao concello que volva abrir o mercado

CAMBADOS> Os vendedores do mercado ambulante de Cambados piden ao concello que volva abrir o mercado. Sospeitan que o goberno local non lles deixa volver a traballar por non querer trasladarse á rúa Nova. Aseguran que a mellor maneira de garantir a seguridade e evitar os contaxio é continuar no paseo marítimo.

Os vendedores do mercado ambulante de Cambados reclaman ao concello que volva abrir o mercado ambulante. Os comerciantes aseguran que o mercado sigue pechado porque non quixeron aceptar a proposta do concelleiro de economía de trasladarse á rúa Nova.

O concello xustifica que a rúa Nova é a única localización na que se pode garantir a seguridade e evitar os contaxios. Os comerciantes consideran que iso non e certo e que eles mesmos poderían garantir a seguridade na localización actual no paseo marítimo.

Ás críticas dos vendedores ambulantes sumáronse os partidos da oposición. Cambados Pode considera que o traslado á rúa Nova sería prexudicial para garantir a seguridade.

Os vendedores tamén reclaman que a alcaldesa se poña en contacto con eles. Piden unha reunión co goberno local para chegar a un acordo e poder volver a traballar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí