Limpeza da ría, non a violencia machista e conciliación… algúns dos protagonistas do pleno de hoxe

Pontevedra> A corporación municipal ao completo do concello de Pontevedra uniuse para manifesta o seu rexeitamento a violencia machista. Hoxe concelleiros e alcalde estiveron no pleno coa camiseta contra a violencia. Nun pleno que tivo dous protagonistas, un a remodelación do Mercado de Abastos e o outro a limpeza da ría de Pontevedra. 

 

No pleno de Pontevedra estivo hoxe moi presente a limpeza da ría. A primeira intervención sobre este punto chegou da man do BNG que presentou unha moción en relación ao dragado do fondo da ría. Unha intervención que dende as filas nacionalistas consideran urxente. Trátase dun proxecto necesario onde se actuarían en 5 quilómetros de ría, ata a zona de Praceres. 

Dende o BNG piden que se licite o vindeiro ano esta obra e vai xa nos orzamentos da Xunta para o 2017. Dende o PSOE apoiaron esta moción engadindo unha emenda que consideran imprescindible. 

Unha mañá onde tamén estivo moi presente o non a violencia de xénero, xa que todos os concelleiros da corporación levaron a camiseta de contra a violencia da campaña do 25 de novembro. E unha xornada onde tamén puidemos ver como as veces a conciliación tamén é complexa na política xa que o pequeno da voceira de Cidadáns estivo unha parte deste pleno moi atento ao que alí se dicía na compaña de María Rey. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/pleno_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/pleno.mp4{/flowplayer}