Traballo a contrarreloxo para presentar en Fitur as actividades da Cidade Europea do Viño

    CAMBADOS> Cambados traballa a bo ritmo para preparar a súa programación como Cidade Europea do Viño 2017. Hoxe Exposalnés acolleu a primeira reunión do grupo de traballo que se vai a encargar de pór en marcha as actividades. Ao redor de 80 propostas que terán que estar definidas a finais de xaneiro, para ser presentadas en Fitur.

     

    A maquinaria do concello de Cambados xa traballa a pleno rendemento para dar forma ao programa da Cidade Europea do Viño 2017. Esta mañá, Exposalnés acolleu a primeira reunión do grupo de traballo que se encargará de polo en marcha.

    Os concelleiros de Enoturismo, Turismo e Cultura, un técnico de turismo, un enxeñeiro de organización e un funcionario de obras, compoñen este grupo que traballa a contrarreloxo para ter todo listo para a primeira cita do programa.

    Ademais, o concello segue buscando o apoio das administracións.

    A grupo reunirase todos os luns para facer seguemento de todos os avances.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/primeira_reunion_cidade_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/primeira_reunion_cidade_vino.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí