CATOIRA> Despois de catro anos de inestabilidade e polémicas políticas, a veciñanza de Catoira volveu exercer o seu dereito a voto. As formacións da vila animaron aos catoirenses a que acudan ás urnas.
Os catoirenses serán os que xulguen as actuacións de cada unha das formacións nestes catro anos. Os partidos saen co obxectivo de acadar as maiorías absolutas.
O pleno do concello de Catoira está formado por 11 edís, para acadar a maioría absoluta, as formacións necesitan 6 concelleiros