BARBANZA> A formación nacionalista fai tamén unha chamada á veciñanza da comarca a sumarse ó acto reivindicativo previsto para este sábado. Para o BNG da Barbanza a transferencia da AP-9 á Xunta e a súa liberación de peaxes son cuestións indispensables para que esta infraestrutura sexa realmente útil, converténdose no eixo vertebrador real de todo o noso territorio, de norte a sur. A través dunha campaña que vén de poñerse en marcha en toda Galicia, os nacionalistas reclaman este cambio para rematar dunhas vez por todas coas deficiencias na súa xestión e as tarifas abusivas, ó ser ademáis a autopista cos peaxes máis caros de toda España. Dende o BNG comarcal fan ademais unha chamada á veciñanza do Barbanza a sumarse ó acto reivindicativo previsto para este próximo sábado, para que tódolos usuarios desta infraestrutura aboen as peaxes con moedas de céntimo en sinal de protesta.
Inicio Barbanza - Muros - Noia