A Pobra desenvolve un programa de busca de emprego a través das novas tecnoloxías

A POBRA> A Pobra acollerá a principios de decembro unhas xornadas de formación en novas tecnoloxías para mulleres desempregadas. O programa Muller TIC ofrecerá asesoramento para o manexo das ferramentas dixitais na busca de emprego.

Aproveitar o potencial das novas tecnoloxías para mellorar as nosas posibilidades de acceder o mercado laboral. Ese é o principal obxectivo do Programa Muller TIC que desenvolverá a Área de Desenvolvemento Local da Pobra. Desenvolveranse entre o un e catro de decembro en horario de mañá e vai dirixido a mulleres desempregadas de toda a comarca.

O programa arrancará cunha xornada de orientación laboral grupal na que se dará a coñecer os sistema de cualificacións laboráis ou o funcionamento da oficina estatal de emprego. Ademais de formarse, as participantes realizarán durante as xornadas unha busca activa de emprego inscribíndose en diferentes portais web e empresas de traballo temporal

As interesadas xa poden inscribirse chamando ó teléfono 981 37 76 10. O programa enmárcase na Rede Araña e está cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí