Rianxo apúntase á compostaxe

RIANXO> O executivo rianxeiro iniciou hai varias semanas un programa de compostaxe co que busca reducir o volume de residuos de materia orgánica que van parar ós contedores e así reducir tamén os custes por este servizo para as arcas municipais.

O Concello xa instalou un total de cinco composteiros comunitarios en distintas zonas do municipio que a finais deste mes poderían estar xa operativos.

Ó mesmo tempo tamén se levará a cabo un reparto de composteiros individuais, para ofrecerlle á veciñanza recursos para a xestión sustentable da materia orgánica na orixe.

Por outra banda tamén está pendente a instalación por todo o municipio dos contedores marróns, nos que se pretende recoller a materia orgánica que se xere nos fogares, para que non vaia a parar ós outros colectores tradicionais.