Récord de adopcións no CAAN da Deptuación de Pontevera: 660 animais atoparon fogar

MEIS> As adopcións no Centro de Acollida de Animais da Deputación de Pontevedra baten tódalas marcas. O 2021 foi o mellor ano da historia do centro, con 660 mascotas adoptadas, 77 máis que o ano anterior.  Iso si, tamén aumentou o número de abandonos, superando os 1.200 animais. Para este 2022, a Deputación lanza un novo reto: supera-las 700 adopcións.

O Centro de Acollida de Animais da Deputación de Pontevedra, o CAAN, rematou o 2021 con datos ‘extraordinarios’. Bateu tódalas marcas, conseguindo un fogar para 660 animais. Son 77 mascotas adoptadas máis que a ano anterior.

Ademais logrouse reducir o tempo de estancia dos animais recollido. O ano pasado a media foi de 69 días fronte aos case 124 do ano 2020. Na parte negativa , o número de abandonos. O persoal do CAAN recolleu no 2021 1210 animaís, 66 máis ca o ano anterior. Para este 2022, o CAAN marca como reto xestiona-la adopción de 700 animais. De momento a cousa comeza ben: nestes primeiros dez días de xaneiro xa se tramitaron 14 adopcións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí