Os estudantes saen as rúas para continuar mostrando o seu rexeitamento a LOMCE

    VILAGARCIA> Xornada de folga estudantil en Vilagarcía, en repulsa contra as reválidas en particular e a LOMCE en xeral. A Praza de Galicia da localidade arousá foi o lugar elixido polos estudantes para realizar dúas movilizacións, unha as doce da mañá e outras as sete e media da tarde. 

     

    Nin o mal tempo nin o anuncio do goberno central afirmando que desaparecerían as reválidas conseguiron frear a representantes estudantís de Vilagarcía. Uns vinte rapaces saíron a Praza de Galicia de Vilagarcía, para manifestar a súa negativas as reválidas e a LOMCE. 

    A convocatoria de esta folga está destinada aos alumnos de ensinanzas medias, aínda que os organizadores animan a que as protestas acudan representantes de toda a comunidade educativa. Os estudantes denuncian a incertidume na que se atopan os alumnos do último curso ao non saber como vai a ser o seu ingreso na universidade. 

    A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público tamén celebrou outra manifestación na Praza de Galicia as sete e media da tarde. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/24/folga_praza_galicia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/24/folga_praza_galicia.mp4{/flowplayer}