Preocupación en Arousa pola presenza das candorcas no interior da Ría

BARBANZA> Non é a primeira vez que se producen este tipo de incidentes entre candorcas e  embarcacións na costa galega. Ó parecer son bastante habituais.

O que si resulta máis estraño é ver a estes cetáceos tan no interior da ría de Arousa. Durante a fin de semana foron varios casos.

Un deles un veleiro de bandeira francesa o que se veu afectado cando navegaba á altura da illa de Rúa, en Ribeira, e houbo tamén episodios na Illa de Arousa e no Grove, entre outros.

Parece ser que a presenza destes animais se debe á procura de alimento, atraídos polos bancos de sardiña no interior da Ría.

Dende Salvamento Marítimo fan unha chamada á precaución para evitar, na medida do posible, incidentes de maior consideración.