Aínda están a tempo de aportar o seu graíño de area ao Banco de Alimentos

[

Pontevedra> Xornada solidaria tamén a que se está vivindo en moitos supermercados. Hoxe e mañá está tendo lugar a gran recollida solidaria do Banco de Alimentos. Esta mesa tarde, o embaixador desta entidade en Vigo, o xornalista Gonzo, estivo nunha superficie comercial de Pontevedra animando á cidadanía a que aporte o seu graíño de area. 

 

Nesta xornada e ao longo do día de mañá todos os supermercados a nivel nacional estarán coa súa gran recollida de alimentos. Unha iniciativa que cada ano organizan dende o Banco de Alimentos para axudar aos máis necesitados. O padriño desta campaña estivo hoxe en Pontevedra apoiando  unha vez máis esta iniciativa. 

Na provincia de Pontevedra o Banco de Alimentos axuda a preto de 30 mil persoas. E os alimentos que máis precisan son os non perecederos. Galletas, aceite e cacao están entre as demandas máis urxentes. 

Gonzo ten moi claro á mensaxe que lle enviaría a toda a cidadanía nesta xornada. 

Xa o saben se queren aportar o seu graíño de area poden facelo ao longo de toda a xornada do sábado co fin de axudar a esas preto de 30 mil persoas que precisan da súa colaboración. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/banco_alimentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/banco_alimentos.mp4{/flowplayer}