Lores recibe aos 20 alumnos alemáns que participan no programa de intercambio co Valle Inclán

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibiu esta mañá no concello aos estudantes alemáns que pasarán 11 días en Pontevedra. Trátase dun intercambio que realizan con estudantes de terceiro e cuarto da ESO do instituto Valle Inclán. Estes mozos estudan español como segunda lingua e amosáronse encantados de pasar estes dias na capital de provincia. Lores recibiu esta mañá na sala de xunta do concello aos vinte alumnos dun instituto alemán que participan nun intercambio escolar con estudanres do IES Valle Inclán. Estes alumnos están en noveno e décimo grado, o equivalente a terceiro e cuarto da ESO, e estudan español como segunda lingua, por iso valoran positivamente esta experiencia. E os propios alumnos, un pouco tímidos co idioma no seu terceiro día en Pontevedra, amosáronse encantados de estar na Boa Vila, onde permanecerán ata o vindeiro 2 de novembro. Pola súa banda os estudantes do IES Valle Inclán viaxarán a Lich na primeira semana de decembro o que lles permitirá estar no país durante a festa de San Nicolás e gozar así dos tradicionais mercadiños de Nadal.