Os hostaleiros e comerciantes de Barro mobilízanse contra os peches perimetrais

BARRO> Mobilizacións dos hostaleiros e comerciantes de Barro contra o peche perimetral. O concello, que se atopa nin nivel medio de alerta sanitaria, permanece illado dos municipios limítrofes. Segundo ambos sectores, as vendas están caendo por debaixo do 50%.

A pesar de entrar nunha mellor fase de restricións sanitarias, o cambio non contenta a toda a veciñanza de Barro. O comité clínico situou ao municipio nun nivel de alerta medio, sendo o único concello nesta situación da súa contorna. As restricións impiden aos veciños do concellos que lindan con Barro visitar o municipio. Unha situación pola que os hostaleiros e os comerciantes séntense prexudicados. Por elo comezaron a mobilizarse contra os peches perimetrais.

Dende o sector hostaleiro sinalan que as vendas caeron por debaixo do 50%. Os comerciantes aseguran que no seu caso a caída é aínda máis grande.

A situación é máis complicada para aqueles negocios que está situados nos límites do concello, xa que gran parte da súa clientela pertence a outros concellos.

Dende os comercios temen que esta situación se alargue e perder a campaña de nadal.

Hostaleiros e comerciantes están pendentes das decisións que tome mañá o comité clínico, aseguran que se continúan illados dos concellos limítrofes aumentarán as súas mobilizacións.