PONTEVEDRA> As obras da futura residencia de Amencer- Aspace en Pontevedra comezarán nun mes. Os traballos acondicionarán unha parte das instalacións do antigo colexio da ONCE, propiedade do concello de Pontevedra. Trátase dunha superficie de 1100 metros cadrados, que se dividirán nunhas 32 prazas para persoas con parálise cerebral. O proxecto, que para o concello é o seu maior proxecto sociosanitario, conta cun orzamento dun millón e medio de euros, e estará rematado en aproximadamente un ano.
O vindeiro mes comezarán os traballos para converter o Centro Sur, o antigo colexio da ONCE en Pontevedra nunha residencia para esta asociación.
As obras contan cun orzamento de millón e medio de euros procedentes dos fondos europeos EDUSI. Acometerase o acondicionamento de 1100 metros cadrados con capacidade para 32 prazas e zonas comúns de convivencia.
Trala reforma, o edificio acollerá tamén un centro sociosanitario de Cogami.
A previsión é que as obras da residencia de Amencer-Aspace rematen en marzo do vindeiro ano e que no mes de setembro poidan entrar os primeiros residentes. Dende a asociación xa comezaron as conversas coa Consellería de Servizos Sociais para conseguir que unha decena destas prazas sexan concertadas coa Xunta.