Pechan o paseo dos Gafos en Campolongo por risco de derrubamento

PONTEVEDRA> Pechado de xeito indefinido o paseo do río dos Gafos en Campolongo. A decisión, anunciada hoxe polo Concello de Pontevedra, foi tomada polo risco de derrubamento que hai nesta zona. Os servizos técnicos estudan agora a solución máis viable para garantir a seguridade na rúa.

O Concello de Pontevedra acordoa o paseo dos Gafos ao seu paso por Campolongo por un risco de derrubamento. Un peche indefinido que afecta ao tramo entre Xeneral Rubín e o parque da seta.

O peche deste paseo afecta especialmente a estes dous colexios. Polo de agora, o alumnado da Escola Infantil Crespo Rivas deberá acceder ao centro a través do CEIP Campolongo.

Os servizos técnicos tratan agora de atopar a mellor solución para garantir a seguridade nesta zona. Pero mentres tanto, o goberno local descarta a posibilidade de demoler o teito da canle e deixar así o río á vista.

En todo este tramo, duns 400 metros, garantirase a mobilidade peonil pola beira, a través dos espazos máis pegados ao muro da canle.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí