BOIRO> Todo a punto en Boiro para celebrar o Nadal cunha oferta de ocio moi extensa. Ademais do público infantil ó que soen ir dirixidas as actividades navideñas, a concellería de Cultura programará eventos específicos para a mocidade e o público adulto.
O día 10 arrancará oficialmente o Nadal en Boiro co acendido do alumeado que contará cos nenos da asociación de diabéticos Anedia como convidados especiais. Dende entón e practicamente a diario desenvolveranse actividades para público familiar na carpa dos Soños que este ano se emprazará na praza da Boqueira de Anegral. Unha carpa que este ano incorpora unha vertente solidaria en favor de Cáritas Parroquial.
A mocidade terá tamén unha ampla de lecer con actividades como o micro aberto, sesións de rap ou un scaperoom que se desenvolverá no local Leñaverde.
E para os adultos, o concello traballa na organización dun concerto de música dos oitenta que aínda está por definir. O programa complementarase con actuacións teatrais tódolos venres na casa da cultura, animación itinerante e espectáculos de maxia.