Pontevedra acollerá o XII Congreso Bienal SETRADE

Pontevedra> O 18 e 19 de maio o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o XII Congreso Bienal da Sociedade Española de Traumatoloxía do deporte. Un evento centrado nesta ocasión no fútbol e o atletismo. Preto de 300 profesionais nacionais e internacionais formarán parte desta cita que acollerá a cidade do Lérez. Pontevedra recibirá os días 18-19 de maio a máis de 300 profesionais en traumatoloxía deportiva. Será no congreso Bienal da sociedade española de traumatoloxía do deporte. Unha cita moi importante e que dende o concello reciben cos brazos abertos. Trátase do congreso de máxima importancia dentro da traumatoloxía deportiva a nivel internacional . Os temas protagonistas nesta décimo segunda edición será a patoloxía do corredor e a do futbolista. Os interesados poderán inscribirse dende xa a través da web www.setrade.org {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/congreso_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/14/congreso.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí