Poio recibe unha gran afluencia de visitantes na primeira fin de semana das Festas do Mar

POIO> Gran afluencia de público na primeira fin de semana das festas do Mar de Poio. A pesar das restricións, numerosas persoas achegáronse para gozar das festas e do Armandiña Rock. Os eventos continuarán a vindeira fin de semana en Raxó.

As restricións e a pandemia non impediron que o concello de Poio celebrase a súa festa do mar. Dende o venres ata o domingo, numerosas persoas achegáronse a vila para gozar de todos os eventos que se incluían na programación, entre eles, concertos, pasacalles e obradoiros.

Entre todos os eventos, destaca, outra edición do Armandiña Rock. O festival adaptouse as novas normativas pero non perdeu a súa esencia, apostando por obradoiros e por concertos que poñan en valor a música local.

E a pandemia tampouco evitou que o festival innovase. Este ano, durante o encontro de embarcacións tradicionais, realizouse unha arrivada coas pandereteiras do Rosal.

O encontro de embarcacións tradicionais tamén gozou de éxito a pesar das limitacións. Unha actividade especial no concello de Poio para poñer en valor a súa tradición mariña. As festas continuarán a vindeira fin de semana en Raxó con concertos e pasacalles o venres e o sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí