PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra saca a licitación o contrato de limpeza das dependencias municipais. Un contrato que, por primeira vez, incluirá as instalacións deportivas e os centros socioculturais. O orzamento ascende a 2,5 millóns de euros para os vindeiros 4 anos.
A Xunta de Goberno local aprobou o inicio de expediente de contratación para o servizo de limpeza de dependencias municipais. Neste contrato inclúense, por primeira vez, as instalacións deportivas e os centros socioculturais. O orzamento para os vindeiros 4 anos supera os 2,5 millóns de euros.
Este contrato divídese en dous lotes e as empresas poderán optar a un deles ou a ambos. A licitación establece a prestación do servizo para os pavillóns deportivos, para 18 edificios administrativos e de servizo de emerxencias municipais.
No contrato inclúense tamén 26 centros sociais e culturais. Entre eles, o de Ponte Sampaio, o de Monte Porreiro e o do Gorgullón.