LOUSAME> O concello de Lousame ofrece este Nadal unha gran oferta de lecer para os máis pequenos. Os días 2, 3 e 4 de xaneiro acollerá obradoiros en inglés impartidos polas voluntarias europeas que colaboran co concello. Van dirixidas a nenos maiores de 5 anos que xa poden realizar as súas inscricións a través de bandoticket.com.
Os cativos de Lousame poderán comezar o ano divertíndose en inglés. O concello ofertará os días 2,3 e 4 de xaneiro un programa de actividades de lecer impartido polas voluntarias turcas que participan ó longo destes meses no programa de intercambio europeo ó que está adherido o concello de Lousame.
O día 5 terá lugar a tradicional recepción de Reis na Casa da Cultura entre as dez e media da mañá e as dúas da tarde.
Trala visita dos Magos de Oriente, celebrarase un gran festival de Reis o día 7 de xaneiro que porá o punto e final ás celebracións de Nadal.