NOIA> Noia acollerá os días 4 e 5 de abril a 39 edición do Rali Berberecho, a terceira das probas valedoiras para o Campionato de Asfalto Xunta de Galicia.
A cita, unha das clásicas das que se organizan na Comunidade, está organizada pola escudería Berberecho. O rali presenta nesta edición importantes novidades.
Unha delas é que se recupera de novo o tramo urbano do venres.
O groso da competición será o sábado, cos tramos cronometrados, coa saída ás oito e media da mañá do primeiro coche participante, prolongándose ata ben entrada a tarde-noite.
Os tradicionais percorridos, nos que volverá a repetir Brión, sumaranse este ano Rois, Dodro e Rianxo.
A lista de inscritos suma nesta edición un total de 155 pilotos.
Coa ausencia de Víctor Senra, vencedor das últimas edicións, que ocupa o primeiro chanzo na clasificación xeral do campionato, con dúas vitorias nos dous ralis disputados, os máximos favoritos a levarse a vitoria nesta proba son Alberto Meira e David González.






