Pontevedra rexistra14 denuncias durante a fin de semana por incumprimento do estado de alarma

PONTEVEDRA> A cidade de Pontevedra rexistrou na xornada do sábado pequenas aglomeracións. Sobre todo, a última hora da tarde coa saída dos adultos. Sen embargo e, polo xeral, os pontevedreses actuaron con responsabilidade e prudencia.

Os pontevedreses volveron a ocupar esta fin de semana as rúas da cidade. A meirande parte o fixo respectando as normas establecidas polo Goberno e, mostra disto foi o número de denuncias interpostas pola Policía Local. 14 na fin de semana, o que eleva o total dende o inicio do estado de alarma a 476.

Co primeiro paso do desconfinamento posto en marcha e aproveitando o bo tempo rexistrado na fin de semana, foron moitos os que aproveitaron para pasear ou saír a correr. Por iso, a zona da Illa do Covo foi a que rexistrou maiores aglomeracións. Algo que xustificou así esta mañá o goberno municipal.

O certo é que esas aglomeracións rexistradas na xornada do sábado van cada vez a menos. Sen embargo, o goberno local segue pedindo responsabilidade e prudencia a toda a cidadanía.

As cifras de contaxios continúan mellorando en Pontevedra e iso repercute tamén na recollida de lixo porta a porta. Actualmente hai 5 domicilios activos. Isto supón un descenso de 9 casos con respecto a semana pasada.