Avanza a vacinación na área de Pontevedra e O Salnés con 4.500 persoas citadas este venres

PONTEVEDRA> A pesares da aparición deste novo abrocho, a boa nova é que a vacinación segue a avanzar. Hoxe había 4500 convocados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Deles, 4.200 eran persoas de entre 40 e 49 anos que recibirían a súa primeira dose de Pfizer.

Longas colas no Recinto Feiral de Pontevera para vacinarse contra a covid19. A área sanitaria convocou esta xornada a 3.100 persoas de entre 40 e 49 anos neste punto. Para moitos, un momento longamente agardado.

En Fexdega, Vilagarcía, había para hoxe 1.100 persoas convocadas. Son 4.200 de entre 40 e 49 anos en total na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A todos eles e sen perder o ritmo, o persoal de enfermaría subministroulles a primeira dose da vacina de Pfizer.

En quince días serán citados para recibir a segunda dose. Un paso máis neste camiño cara a normalidade que comeza unha nova etapa. A partires desta medianoite poderemos estar sen máscara no exterior, sempre e cando manteña  a distancia de seguridade dun metro e medio. A pesares das ganas, a prudencia parece que é a postura máis popular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí