Pontevedra aprobará os seus orzamentos para 2022 o 7 de xaneiro

PONTEVEDRA> Pontevedra continúa avanzando na tramitación dos seus orzamentos para 2022. A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá as Contas. Acto seguido, foron entregadas á oposición, que dispón de tres días para presentar emendas. O orzamento de 2022 supera os 85,9 millóns, o que supón un incremento de 5 millóns ao respecto de 2021.

Os orzamentos de Pontevedra para o ano 2022 continúan avanzando na súa tramitación. Esta mañá, a Xunta de Goberno Local deulle luz verde ás contas. Deste xeito, comeza o proceso  para que o documento poida ser debatido nun pleno extraordinario da Corporación municipal que se celebrará o vindeiro 7 de xaneiro. As Contas de 2022 superan os 85,9 millóns, o que supón un incremento de 5 millóns ao respecto de 2021. O goberno local fala dunhas contas expansivas, baseadas –din- a aposta pola mellora dos servizos públicos e no incremento da partida de investimentos.

Salienta a mellora do servizo de limpeza e tratamento de residuos municipais. En relación aos investimentos, aumentan en case un 20%, acadando os 12 millóns no ano vindeiro

Os grupos da oposición recibiron xa hoxe o borrador das contas. Teñen 3 días hábiles para presentar emendas. Superado ese prazo, o xoves, celebrarase unha comisión de dúbidas e o día 3 de xaneiro, a de ditame.

Os populares, pola súa banda, solicitan a comparecencia de tódolos concelleiros do goberno do BNG e PSdeG  para explica-las partidas orzamentarias de cada área. Din que sería un bo exercicio de transparencia que lles permitiría estudar en detalle os pormenores dos orzamentos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí