Arranca o Culturgal 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra

PONTEVEDRA> Baixo o lema “Cultura, comunidade e futuro” abriu as súas portas ao público o Culturgal 2016. Unha feira das industrias culturais que pretende ser un punto de encontro entre diversos sectores da cultura galega coas institucións. 

 

Diferentes sectores da cultura galega déronse cita este venres, e ata o domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un espazo ateigado de stands adornados con libros, manualidades ou negocios que promocionan os  seus produtos. 

Pandeiretas, camisetas, ou libros diferentes complementan a oferta do Culturgal 2016. Unha feira con ofertas para todos os públicos. 

E para os que busquen un agasallo personalizado, ou especial, tamén o atoparan no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Culturgal é unha feira aberta que procura a diversidade que respira o sector cultural galego, por iso a Deputación tampouco quixo perder a oportunidade de presentar a súa oferta cultural centrada no patrimonio provincial. 

Teatro, xoias, foros e grafiteiros traballando en directo son só algúns dos reclamos desta feira, pero non se agoníen se non lles da tempo a vela enteira, xa que un tráiler convertérase nun coñecido restaurante de comida ecolóxica, que fará as delicias a bo seguro dos amantes do produto galego. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/apertura_culturgal_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/apertura_culturgal_pontevedra.mp4{/flowplayer}