O PP aposta polo edificio de Facenda para unificar os servizos municipais do concello

Pontevedra> O PP de Pontevedra votará en contra da modificación de crédito que o Goberno Municipal levará ao pleno este venres. Dende as filas populares seguen sen entender o millón de euros que se vai a investir no inmoble da rúa Ferreiros para o servizo de urbanismo do concello. O partido popular non comprende como o Goberno Local se quere gastar un millóns de euros no inmoble da rúa dos Ferreiros para destinar ao servizo de Urbanismo. Os populares cree que se trata dun novo chanzo que pon en evidencia a incapacidade do Goberno Local. Os popuales dixeron esta mañá que sería unha boa opción que o edificio de Facenda, na praza da Ferrería, fose utilizado polo concello como base para todos os servizos municipais. Algo que non comparte o goberno nacionalista quenes consideran que o PP sempre está a poñer paos na roda. Dende o Goberno Local contan coa aprobación desa modificación de crédito este venres no pleno co apoio de Marea. O que significa que no vindeiro mes comezarán xa cos trámites para a compra do inmoble da rúa Ferreiros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/comision_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/comision.mp4{/flowplayer}