Novos Cinemas volve a Pontevedra coa proxección de 24 películas, obradoiros e encontros con cineastas

PONTEVEDRA> Sexta edición do Festival Internacional de Cine de Pontevedra. Entre os días 14 e 19 de decembro, a cidade acollerá unha nova edición de Novos Cinemas, que atraerá ata a capital talentos emerxentes de todo o mundo. Ata 24 películas poderán visionarse nas diferentes sección do festival.

A vindeira semana Pontevedra será unha cidade de cine. Entre os días 14 e 19 volve Novos Cinemas, o Festival Internacional da capital que cumpre xa a súa sexta edición.

Ata 24 películas proxectaranse no Teatro Principal nas diferentes seccións do festival, 14 delas dirixidas por mulleres. Algunhas delas escolleron o Novos Cinemas para as súas estreas a niveis estatal ou galego. Este ano, na sección oficial competirán nove filmes.

Na sección Latexos, reservada para pezas máis experimentais, poderán visionarse catro filmes. As películas que finalmente se proxectarán foron escollidas entre as máis de 200 que revisaron os responsables do festival, orgullosos do resultado a pesares dos tempos incertos que atravesa o sector.

A programación do festival inclúe unha retrospectiva sobre a obra da cineasta cacereña María Pérez Sans, así como o espazo de asesoramento Proyectos Lab, os obradoiros formativos da sección aula e encontros con varios cineastas, como Silvia Fuentes ou Álvaro Gago.

As entradas e os abonos xa están á venda en ataquilla.com

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí