Arousa Norte: unha sinfonía para os sentidos

    BOIRO> “Sinfonía para os sentidos”, así se chama o novo vídeo promocional da Mancomunidade de Arousa Norte que amosa a beleza natural e paisaxística dos catro concellos membros, coa banda sonora da Rianxeira como telón de fondo.  

     

     Todo un espectáculo audiovisual para os sentidos, que non podía elixir outra sinfonía para acompañar esta viaxe por Arousa Norte. Música, paisaxe, gastronomía, industria, cultura, deporte…un xeito de ver e sentir a vida, a das xentes de Arousa Norte. É o que reflexa esta Sinfonía para os sentidos, o novo vídeo promocional da Mancomunidade. Nun acto celebrado no Estaleiro Triñáns, en Cabo de Cruz, e conducido polo polifacéticoQuico Cadaval, o vicepresidente de Arousa Norte e alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, recibiu da man do xerente da empresa boirense IN9, Carlos Rodríguez, a montaxe final. Esta produtora de video local cedeu estas imaxes de Arousa Norte á Mancomunidade co obxectivo de contribuir á proxección e visibilización da ofrta turística da zona, algo que agradeceu o vicepresidente. Ó acto asistiron tamén tódolos participantes na rodaxe e elaboración do vídeo. pabloChouza, encargado da rodaxe e edición do vídeo; Alfonso Morán, arranxista da peza A Rianxeira para adaptala á montaxe; Clara Triñanes, de REDEMAR; Mario Vidal, presidente do Club de Remo de Cabo de Cruz e GerardoTriñanes, propietario do Estaleiro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/sinfonia_para_os_sentidos_arousa_norte_021220161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/sinfonia_para_os_sentidos_arousa_norte_02122016.mp4{/flowplayer}