O concello abre o expediente sancionador á empresa encargada do alumeado do Nadal

113

Pontevedra> O voceiro do Goberno Local de Pontevedra informou esta mañá da apertura do expediente sancionador con Iluminacións Umia, polas deficiencias detectadas no alumeado deste Nadal. A multa será de 626,78 euros, o 2 por cento do custo da instalación, tal e como recolle o prego contractual.

Raimundo González informou esta mañá da apertura do expediente sancionador á empresa que se encargou do alumeado de Nadal, Iluminacións Umia, o custo deste alumeado foi de máis de 31 mil euros, en base a esta cantidade imporase unha sanción do 2 por cento do custo da instalación.

Xa xunta de Goberno Local tamén se informou de que no pleno deste venres irá a nova ordenanza de veladores.

Ademais esta Xunta de Goberbo local tamén informou da exposición pública da rotonda que se construirá na PO 531 na Devesa. Unha infraestrutura que foi consensuada entre os veciños e o concello. Na reunión desta mañá tamén se deu conta de que o concello amplía o abastecemento de auga dos Arerás a cinco novas vivendas.

O novo proxecto terá un custe duns 5 mil euros por vivenda e permitirá concectalas ao proxecto que o Concello executa na actualidade as rúas Areás.