O Canadá non ve ningún ‘impedimento legal’ que impida baixar ao Villa de Pitanxo

MADRID> O Canadá traslada ás familias do Villa de Pitanxo que non hai ningún impedimento para baixar ao pecio afundido. Os familiares dos 21 mariñeiros falecidos no naufraxio do pesqueiro mantiveron hoxe unha reunión en Madrid coa embaixadora canadense.

Segundo a voceira das familias, a diplomática indicou que non hai ningún impedimento legal por parte do seu Goberno para tentar acceder á embarcación. Unha resposta que, segundo se comprometeu, será confirmada tamén por escrito.

A reunión coa embaixadora canadense produciuse xusto antes doutro encontro que as familias mantiveron co Defensor do Pobo. Ángel Gabilondo comprometeuse a mediar entre as familias e as autoridades que teñen competencia para toma-la decisión de tentar baixar ao pecio.

As familias din estar satisfeitas co encontro e consideran que a xuntanza serve para avanzar na súa loita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí