Detido o autor do atraco á gasolineira de Taragoña

RIANXO> A Garda Civil e a Policía Local de Rianxo detiveron esta mañá ó autor do atraco cometido na gasolineira Repsol de Taragoña. O roubo producíase a última hora da tarde de onte. Segundo informaron fontes policiais, o atracador, que ía a cara descuberta, ameazou a un dos empregados cunha arma branca, logrando levarse unha cantidade de diñeiro en efectivo que non trascendeu. Segundo os datos ós que tivo acceso esta Redacción trátase dun coñecido toxicómano da localidade. A descrición que fixo o propio empregado do establecemento propiciou a súa identificación e posterior localización e detención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí