O ganapán, o novo espazo infantil do Mercado de Abastos

Pontevedra> O ganapán, ese será o nome do novo espazo infantil co que contará o Mercado de Abastos de Pontevedra e que comezará a funcionar a partir do 22 de decembro. Neste Nadal haberá actividades para os pequenos pero o fin desta iniciativa é o de potenciar a conciliación dos traballadores do propio mercado e tamén dos usuarios. Un espazo onde os máis pequenos poderán coñecer os oficios do mar e da terra. 

 

O espazo infantil do Mercado de Abastos xa quenta motores, o Ganapán, así se chamará comezará a funcionar oficialmente o día 22 de decembro con actividades para os máis pequenos da casa co fin de facilitar a conciliación familiar. 

Unha ludoteca que tamén beneficiará aos propios traballadores do Mercado de Abastos en Pontevedra. 

Ademais do Nadal, a programación deste espazo continuará ao longo de todos os venres e sábados do ano. 

Para desfrutar desta ludoteca é necesario unha inscrición previa. O seu servizo será de balde, estará ambientada no mar e os pequenos poderá coñecer á perfeccións os traballos do mar e da terra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/ludoteca_mercado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/07/ludoteca_mercado.mp4{/flowplayer}