PONTEVEDRA> Diana Nogueira será a Madriña do Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra para a Gran recollida deste 2024. A presentadora e actriz toma así o relevo de Iago Aspas.
A madriña presentouse nun acto no propio almacén en Pontevedra do Banco de Alimentos. A tamén modelo fixo un chamamento á poboación para que se anote como voluntariado. Polo momento non se acadou o obxectivo de conseguir 500 voluntarios para a zona de Pontevedra.
A Gran Recollida celebrarase os días 22 e 23 deste mes. A intención é dar recollido uns 325.000 quilos de alimentos, como se logrou o ano pasado. Isto perminitiría garantir a alimentación dunhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade na provincia de Pontevedra ata a primavera de 2025.
Diana Nogueira fixo tamén un chamamento a que cada un de nós, na medida das nosas posibilidades, colaboremos con esta causa.