O BNG cualifica de decepcionantes os Orzamentos da Xunta para 2017

    BARBANZA> Os nacionalistas consideran que son regresivos e non responden as necesidades reais da comarca. Entre outros aspectos botan en falla novamente medidas para a creación de emprego e de apoio ós sectores produtivos. Uns 800 mil euros. Esta é a única partida que, segundo o BNG do Barbanza, aparece contemplada nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano referida a esta comarca. Irá destinada á ampliación do Hospital da Barbanza. Para os nacionalistas nos presupostos bótanse en falla outras partidas para dar resposta ás necesidades reais da Barbanza. É o caso das destinadas á creación de emprego a través da ampliación e dotación de máis chan industrial ou o tan ansiado saneamento integral da Ría. Dende o BNG critican tamén a falla de partidas específicas como é o caso da construcción do centro de día de Rianxo ou a gardería da Pobra. Carencias que dalgunha forma os nacionalistas tratarán de que sexan tidas en contra a través das emendas que presentarán a estes Orzamentos.