O Goberno insta a Cespa a volver a negociar cos traballadores para evitar a folga de lixo

Pontevedra> A Xunta de Goberno en Pontevedra acordou instar á directiva da empresa Cespa a que retome as negociacións coa parte social. O obxectivo é evitar a folga de lixo que anuncian para o Nadal. Dende o concello anunciaron ademais que hoxe é o último día para presentar as emendas aos orzamentos municipais e que será o mércores a xornada na que de comezo a comisión de Facenda. 

 

A Xunta de Goberno local informou esta mañá de que sae a licitación o mantemento e xestión do local de música da cidade por un orzamento de máis de 93 mil euros ao ano. Nesta Xunta de Goberno tamén se deu conta dun escrito enviado polo concello no que instan á directiva da empresa CESPA a negociar coa parte social para evitar a folga de lixo que xa teñen convocada para este Nadal na cidade do Lérez. 

Raimundo tamén lembrou que hoxe era o último día para presentar as emendas aos orzamentos do concello. 

O mércores ás 9:30 comezará a comisión de Facenda e o luns 19 de decembro irán a pleno. De momento todo parece indicar que estas contas non sairán adiante xa que contan coa negativa de toda a oposición. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/xgl_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/xgl.mp4{/flowplayer}