Do 12 ao 20 de agosto Meleira chega a Pontevedra

Pontevedra> Do 12 ao 20 de agosto, coincidindo coa súa Semana Grande , Pontevedra acollerá a vixésimo sétima edición da Meleira, Feira do Mel. Unha cita que contará coa presenza de 6 apicultores, 1 filloeira, 1 posto de queixo e outro de cervexa artesán. Un evento onde haberá moitas charlas e obradoiros e onde a actualidade da vespa velutina estará moi presente. A feira do Mel chega un ano máis a Pontevedra coincidindo coa Festa da Peregrina. Unha cita que se celebrará na Rúa Serra, fronte á Praza de Abastos, e que contará coa presenza de 6 apicultores, 1 filloeira, 1 posto de queixo e outro de cervexa artesán. Todos os días haberá extracción de mel e degustación de iogur con mel gratuíta. Do 12 ao 20 de agosto esta cita acollerá numerosos obradoiros e charlas, nelas estará moi presente a vespa velutina, unha especie que está acabando con multitude de colmeas na nosa comunidade. Unha cita que todos os días contará con obradoiros de extracción de mel, degustación de iogur con mel e degustación de cervexa con mel gratuíta. Tamén contará con filloeira e cunha exposición sobre a vespa velutina.